This translation is older than the original page and might be outdated. See what has changed.
Citas de Ted Trainer (en galego)
“(…) debemos movernos cara depender das enerxías renovables o antes posible. Pero non podemos basear nelas unha sociedade rica e enerxeticamente intensiva, e moito menos unha que teima no crecemento ilimitado.” (Ted Trainer: «O obxectivo non é loitar contra a sociedade capitalista, senón construír a súa alternativa»).
“A fe na solución tecnolóxica asume que como a tecnoloxía ten conseguido moitas marabillas ao final sairá coas solucións precisas dalgún xeito. (…) Deberíase retar ao/á optimista que cre no amaño por medio da tecnoloxía a que amose en detalle que fundamentos temos para aceptar que se van achar solucións, para todos e cada un dos grandes problemas que afrontamos. En concreto qué é o que podería resolver o problema das renovables, a perda de biodiversidade, a escaseza de auga, a de fósforo, o colapso das peixerías, etc. e como son de factibles esas saídas que din posibles? Non ten máis sentido mudar os estilos de vida e os sistemas que están a causar eses problemas? Polo menos ata que puidésemos ver que se dan solucionado os problemas que teñen como consecuencia?” (Ted Trainer: «O obxectivo non é loitar contra a sociedade capitalista, senón construír a súa alternativa»).
“Os fallos do sistema capitalista-consumista non poden ser arranxados dentro de ou por unha sociedade dirixida polo crecemento, polas forzas do mercado, a produción motivada polo lucro nin pola opulencia desa sociedade. Estas son as causas dos problemas mundiais de sostibilidade e de xustiza. As implicacións dos límites ao crecemento son radicais.” (Ted Trainer: «O obxectivo non é loitar contra a sociedade capitalista, senón construír a súa alternativa»).
“Temos que atopar maneiras de vivir que impliquen moito menores niveis de produción e consumo cós que temos agora nos países ricos; coido que por baixo de 1/5 dese nivel. Pero isto implica eliminar en boa medida as economías do crecemento, opulentas, mundializadas e altamente industrializadas.” (Ted Trainer: «O obxectivo non é loitar contra a sociedade capitalista, senón construír a súa alternativa»).
“O que quere dicir todo isto é que a sociedade de consumo non pode ser reformada para ser sustentable ou xusta; debe ser substituída en boa medida por unha sociedade con estruturas fundamentalmente diferentes.” (Ted Trainer: «O obxectivo non é loitar contra a sociedade capitalista, senón construír a súa alternativa»).
“O obxectivo non debe ser as empresas ou a clase capitalista. (…) O grupo onde está o problema, a chave para a transición, é a xente en xeral.” (Ted Trainer: «O obxectivo non é loitar contra a sociedade capitalista, senón construír a súa alternativa»).
“Xa que logo é unha batalla de ideoloxía e de concienciación. Temos que axudar á xente a ver que é precisa e atractiva unha mudanza radical, de xeito que se boten entusiasmados a construír novas economías locais sobre principios maiormente colectivos. (…) A maior parte das estratexias, incluíndo as de esquerda verde e vermella ao igual cás estratexias convencionais, están erradas. O obxectivo esencial non é loitar contra a sociedade consumista-capitalista, senón construír a alternativa a ela.” (Ted Trainer: «O obxectivo non é loitar contra a sociedade capitalista, senón construír a súa alternativa»).
“Non se pode acadar a revolución desde riba, nin polos gobernos, nin por partidos verdes ou revolucións proletarias. Isto só pode ser unha transición desde baixo liderada por xente do común que busque a maneira de facer viables dun xeito cooperativo as súas comunidades locais, a medida que a economía mundial vaia fallando en fornecer o que precisan.
Os movementos das ecoaldeas e das Cidades en Transición comezaron esta mudanza xeral, pero as iniciativas locais de autosuficiencia, como as hortas comunitarias ou a Permacultura deben incorporar a conciencia de que as reformas que se fagan a unha sociedade consumista-capitalista non poden traer unha sociedade sostible e xusta.
Non se pode conseguir nada significativo e perdurable a non ser que se entenda claramente que os nosos esforzos nestas iniciativas locais son os primeiros pasos da substitución final desta sociedade por unha que non estea dirixida polo mercado, o beneficio, a competencia, o crecemento ou a opulencia. Esta conciencia está lonxe de ser suficientemente evidente nas actuais iniciativas ecoloxistas.”
(Ted Trainer: «O obxectivo non é loitar contra a sociedade capitalista, senón construír a súa alternativa»).
“Así que lle digo á xente de esquerda: queredes liberarvos do capitalismo? Entón o máis subversivo que podedes facer é unirvos aos movementos das Cidades en Transición… e laborar para ampliar a súa visión actual demasiado estreita e concienzudamente reformista… para incluír a necesidade de substituír o capitalismo… así como o crecemento e o mercado e todas as forzas movidas polo lucro ou a opulencia.” (Ted Trainer: «O obxectivo non é loitar contra a sociedade capitalista, senón construír a súa alternativa»).